Maderas Besteiro súmase á Alianza Galega polo Clima, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia que avoga pola busca de medidas comúns e coordinadas que xeren sinerxias na acción climática en Galicia.
Esta Alianza reúne organizacións que estean dispostas a asumir un compromiso para avanzar na mellora do medio ambiente, o logro dos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable e a Axenda 2030.
Con esta adhesión, Maderas Besteiro intégrase nun grupo do que xa forman parte máis de 40 entidades, empresas, universidades… que mostran o seu compromiso por avanzar na mellora do medio ambiente e a consecución dos Obxetivos do Desarrollo Sustentable e a Axenda 2030.
Desde Maderas Besteiro xa levamos un tempo apostando pola sustentabilidade grazas as subvencións que nos concedeu a Xunta de Galicia para proxectos de Enerxias Renovables, colocando unha caldeira que converte o residuo de serrín da nosa actividade en enerxía para quentar as nosas instalacións. E outra subvención máis para proxectos de enerxía fotovoltaica, poñendo paneis solares para o autoconsumo eléctrico.
Para Maderas Besteiro é un orgullo adherirse a iniciativas como estas, xa que estamos moi involucrados coa loita contra o cambio climátivo e supón un paso máis no noso compromiso coa sustentabilidade e a protección do medio ambiente.
Recorda que se queres estar ao tanto das últimas novas de Maderas Besteiro podes seguirnos nas nosas redes sociais, Facebook, Linkedin, Twitter e Instagram. Ademáis, sempre podes preguntarnos calquera dúbida que teñas. Estaremos máis que encantados de poder axudarche e resolver todas as túas dúbidas. Podes escribirnos ao noso mail besteiro@maderasbesteiro.com ou podes chamarnos ao 982 284 455.